Obradoiro do Espectador
Capitão Fantasma comezou a ensaiar no ano 1988 no soto do Bar Océano. Capitão Fantasma naceu a partir dos compoñentes da desaparecida banda "Emilio e a Tribu do Rum", e rapidamente foi recoñecido como o mellor de Rock'n'Roll de Portugal. No 1990 tocaron nas festas de Lisboa e deron quince concertos nun mes polos barrios da cidade. No 92 gravaron o seu primeiro disco: Hu uá uá con Polygram, e no 96 sacaron o seu segundo disco: Contos do imaginario e do bizarro, producido por Paul Penech, dos Meteors. No 2007 veu a luz o seu disco Viva Cadáver, recibido con entusiasmo pola crítica, e no 2008 o E.P. CF 720.
Capitão Fantasma, composto por Jorge Bruto, Tiago Sério, Óscar Gomez e Jorge Metralha está a preparar agora o seu vindeiro traballo.
Os válvulas son: Clara "Valvulina" (Voodoo Bass), Miguel "Conde Válvulo" (Marshy Rhythm Guitar and Vox), Edu "Valvoa" (Howling Guitar) e Aless "Valvuloi" (Frenzied Drums).
No ano do noso señor 2008, en plena escavación do paseo marítimo, desentérrase por erro unha antiga imaxe etrusca tallada en osos humanos de... Perceverb!!!, o antigo Deus do Trémolo e do Eco de Cinta, enviado hai 300 millóns de anos dende Marte para someter este planeta (só que claro, ao chegar o único que había era un balneario de caldo primixenio un tanto pringoso repleto de células nai). Consumido pola ira e pola fame acumulada, decide posuir os corpos dos catro efebos humanos máis atractivos e millonarios xamáis coñecidos, para propagar a súa mensaxe ao longo do planeta, usando a súa terrible arma secreta: mensaxes subliminais agochadas en ondas cerebrais imperceptibles para o ser humano cos seus despiadados amplificadores a válvulas!!!.
-
(19:12h.)
-
(19:12h.)