O día que as mulleres...
Charla? Conferencia? Teatro?
O día que as mulleres gobernemos o mundo, todo será distinto. Este é o nome que decidimos poñerlle a este proxecto educativo, didáctico, pedagóxico e teatral, orientado especialmente ao ámbito educativo, pero válido para todo tipo de públicos. Estamos convencidas do poder que ten o teatro como ferramenta para comunicar, pero en Chévere non somos docentes. Por iso contamos coa colaboración de Promove, unha consultora formada por mulleres con quen creamos esta charla dramatizada, onde unha docente de Promove e unha actriz de Chévere colaboramos para educar en igualdade.
En escena aparece unha consultora disposta a dar unha charla. Pero en realidade o que vai pasar é moito máis, porque hoxe vén acompañada da súa madriña, unha muller maior interesada en coñecer que é iso que fai a afillada, porque ela non acaba de entender a que se dedican “as consultoras”. A partir de aí, o que sucede no escenario vai atrapando a un público sorprendido polas intervencións da madriña, que cuestiona todo o que di a afillada, e curioso por ver como sae desta a afillada. O alumnado, deixándose levar pola situación e polo que escoita, vai reflexionando sobre a súa propia postura con respecto a temas como a igualdade de oportunidades, os roles sociais de homes e mulleres e o feminismo.
Para a execución deste proxecto contamos cun cadro de dúas actrices (Patricia de Lorenzo, Mónica García) e dúas docentes (Fátima Rodriguez, Verónica R. Ruzo), que se irán alternando na realización das charlas en función da súa dispoñibilidade.
Contacto: info@grupochevere.eu
-
(11:00h.)
IES Punta Candieira-CedeiraRúa Ensino, s/n, 15357 Cedeira, A Coruña -
(12:00h.)
CIFP Carlos OrozaAv. Montecelo, 16, 36161 Pontevedra -
(12:30h.)
CPI Ramón Piñeiro LáncaraPraza dos reis s/n, 27360 Pobra de San Xiao. Láncara, Lugo(12:30h.)
CPI Ramón Piñeiro LáncaraPraza dos reis s/n, 27360 Pobra de San Xiao. Láncara, Lugo -
(10:20h.)
IES do MilladoiroTravesía do Porto, s/n, 15895 O Milladoiro, A Coruña -
(10:30h.)
IES MilladoiroIES Milladoiro Travesía do Porto, s/n, 15895 O Milladoiro, Ames -
(10:30h.)
IES A Terra Chá Castro de REiIes A Terra Cha-José Trapero Pardo Avenida Terra Chá, 0, 27269 O Castro, Lugo, España -
(11:30h.)
CIFP CompostelaRúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela -
(16:00h.)
CIFP CompostelaRúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela