Mujer muerta caminando
En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos. Dramaturxia, dirección: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Movemento escénico: Rut Balbís. Iluminación: Dr. Cabaleiro. Son/proxeccións: Xacobo Castro. Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Quadra Producións, Oroboro Filmes. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Actores do Breaking News From Galicia: Monty Castiñeiras, Iria Pinheiro. Unha creación Chévere!, compañía residente na Sala Nasa. Co apoio de AGADIC, Concello de Teo, INAEM, Deputación de Lugo, Gadis.
Citizen, a triloxía dos Chévere sobre o imperio téxtil de A.O. comeza a súa xira por Galicia, levando a obra por 13 concellos entre febreiro e xuño de 2012 e realizando un total de 21 funcións. As primeiras son en Tui (venres 3 febreiro), Milladoiro-Ames (venres 24 febreiro, resevas no tlf. 981535940 ou cultura.milladoiro@concellodeames.org ) e Vilagarcía (sábado 25 febreiro). Segue lendo para ver o calendario completo.
Para celebrar o seu 25 aniversario, Chévere pon os motores a todo gas e prepara toda unha batería de lanzamentos escénicos e culturais para este ano. Entre eles, unha estensa xira co seu espectáculo estrela de 2012, Citizen.
Atentos ás datas e lugares:
Tui (venres 3 febreiro),
Milladoiro-Ames (venres 24 febreiro),
Vilagarcía (sábado 25 febreiro),
Carballo (sábado 17 marzo ás 19,30h. Pazo da Cultura),
A Coruña-Fórum Metropolitano (marzo, venres 23 e sábado 24 ás 20,30h., domingo 25 ás 19,00h.) entradas adiantadas en www.servinova.com
Teo (abril sábado 28, domingo 29 ás 19,00h.)
O Barco (vernes 4 maio),
Lugo (sábado 12 maio),
Lalín (venres 18),
Santiago de Compostela-Teatro principal (venres 25, sábado 26, domingo 27 maio),
Ribadeo (domingo 3 xuño),
Ourense (venres 8 xuño),
Monforte (venres 29, sábado 30 xuño).
Chévere remata o seu proxecto máis ambicioso e innovador con esta entrega íntegra e completa das tres partes que compoñen a saga Citizen. Un espectáculo que é a suma das tres obras estreadas durante a tempada, e que nos ofrece a posibilidade de mergullarnos dun tirón na historia de A.O. e Sara. Un novo formato teatral para a carteleira galega. Un reto e unha oportunidade para o público. Un luxo para nós. Sete actores no esceanrio. Tres horas de teatro feito a pé da realidade para gozar en compañía.
A posta en escena da versión íntegra de Citizen farase en tres actos con dous intermedios, e terá unha duración de tres horas en total.
Primeiro acto. Maiorías silenciosas. A realidade da historia fronte a invención da realidade. Transición ou Transacción. A Coruña, 1975. Franco morreu hai unha semana. Sara, unha estudiante comprometida no movemento anti-franquista, fuxe dos grises e entra nunha tenda que está sendo reformada para a súa apertura ao público. Alí atópase co seu dono, A.O., un empresario disposto a conquistar un imperio. Duración: 75 minutos.
Segundo acto. Made in Galiza. As capas máis ocultas da historia a flor de pel. Durante os anos 80 e 90 xurdiron centos de talleres de confección que deron traballo a milleiros de mulleres do rural, convertíndose nun sector estratétixico para o crecimento dunhas poucas empresas que se lanzaron ao mercado internacional. Un exercicio de sobre explotación de man de obra barata que logo se trasladaría a países subdesenvolvidos. Sara trata de saír da marxinalidade laboral e económica poñendo en marcha un taller de confección con outras veciñas do seu pobo. Será un soño breve e dramático. Duración: 60 minutos.
Terceiro acto. Wii economía. O século XXI empeza coa crise máis profunda do capitalismo. A especulación sen control, o ánimo de lucro infinito, a globalización sen límites levan ao colapso ás principais economías coñecidas. Neste contexto, A.O. ve como o seu imperio multinacional está a piques de desaparecer. E descubre que un dos responsables do desastre pode ser o seu propio fillo. Duración: 50 minutos.
-
(11:46h.)
-
(11:46h.)