Montaña Rusa (Vida e Obra de Fermín Noite)
Elena Vázquez Ledo (violín), Xacobe Lamas (violín), Mª José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (cello), Pablo Rega (guitarra eléctrica), Xesús Valle (computadora), Fernando Abreu (clarinete, clarinete baixo), Carlos Castro (vibráfono), LAR Legido (percusión), Patxi Valera (percusión).
Ah-Unha é unha proposta de Pablo Rega para un número indeterminado de músicos baseada en sistemas de organización de material sonoro, onde os intérpretes terán que tomar as decisións compositivas que crean oportunas, o como, onde, cando e canto dun material sonoro e como este se relaciona e afecta ao resto da peza. É unha peza que intenta novas formas de dirección sen recorrer á linguaxe xestual e á figura de director en escena. Son os intérpretes a nivel individual e colectivo os que se "autoxestionan".
A proposta defende tamén un material sonoro moi determinado carente de semántica, que compón conglomerados estáticos, sen melodía, definición harmónica nin ritmo no sentido tradicional. O que queda son complexos sonoros en sucesión temporal, unha música realizada con son puro máis que con motivos musicais.
-
(13:30h.)