Malandrómeda + Kaia Kaiana
A lendaria banda venezolana Desorden Público chega á Nasa o día 3 de xuño para dar o que será o seu primeiro concerto en Galicia. Desorden Público regresa a Europa desta vez para ofrecer 24 concertos en 6 países, 15 anos despois da primeira visita deste grupo ao vello continente. Esta será a novena vez que os venezolanos cruzan o océano.
Desorden Público está a facer promoción do seu derradeiro traballo, Los Contrarios, que recentemente lanzaron en Suíza e España simultaneamente.
Novo show e novas cancións, sen deixar fóra temas clásicos da banda.
Despois de varias xiras nas que Desorden Público tivo que viaxar con algúns músicos suplentes, 2011 marca o regreso a Europa da mesma formación coa que tantas xiras ofreceu entre 2003 e 2009, é dicir, Coco (teclista oficial da Banda) e Hernán Ascóniga (saxofonista entre 2000 e 2009), estarán nas súas filas para esta xira. Este ano, ademais, contarán coa presenza dun cámara que rexistrará pasiño a pasiño toda a xira para editar un especial de TV que sairá ao aire ao seu regreso.
Unha vez máis, e esta será a quinta produción deste ano, Luva Negra Producións, despois dos concertos de Roy Ellis a.k.a. Mr. Symarip, Rubén López & The Diatones, Wisecräcker e Dave Barker, traerá a terras galegas aos Desorden Público de Venezuela, unha banda que leva 25 anos dando guerra por todo o mundo.
-
(17:28h.)