Linho do Cuco
Vídeo: Susana Mirás, Teresa Santos. Produción: "la Caixa", Hospital Psiquiátrico de Conxo. Axudantes de dirección: Susana Mirás, María Jesús Seoane, Teresa Santos (terapeutas ocupacionais). Dramaturxia e dirección: Lucas Herrador.
“O teatro pode ser de todo, menos aburrido” Unha frase parecida atribúeselle a Brecth e foi repetida centos de veces por innumerables profesionais de todo o mundo.
Logo de facer: A tempestade, Ubú rei, Conto de Nadal, O saxofonista da rúa vella, As letras galegas, Rosalía de Castro, As raíñas magas pasaron polo hospital e As moitas historias, merecíamonos a homenaxe de facer un divertimento. Coa excusa do mito de Hércules e os caprichosos dioses que, aburridos no seu Olimpo, deciden xogar coa vida dun mortal, quixemos facer unha obra na que vós, os espectadores o pasedes ben e nós, actores, gocemos facéndoa.
Teremos tempo para pensar sobre a trascendencia e as eternas preguntas. Agora; sentade, ride (se vos fai graza), aplaudide (se vos gusta) e disfrutade. Hollywood manexa os mitos gregos e romanos como lle peta. Por que os de Conxo non podemos facer algo parecido?
Lucas Herrador
-
(19:58h.)