Inauguración exposición Faladoiro do Viño
O vindeiro sábado, día 27 de setembro, os artistas do 'Faladoiro Pataca' presentan, ás 20 horas, na adega do Pazo do Faramello diversas obras en que o mundo do viño está presente, coincidindo co tempo da vendima. Esta selección de obras baixo o título 'Faladoiro do Viño' “constitúe unha boa maneira de se achegar á temática vinícola”, afirman desde a organización do evento.
Ademais, servirase un refrixerio ao remate da festa e proximamente celebraranse dous obradoiros gastronómicos. As entradas xa se poden reservar.
A actividade comezará ás 18 horas cunha visita guiada ao Pazo do Faramello. Xa ás 20 h será a inauguración da exposición 'Faladoiro do Viño', que contará con obras de Ramón Conde, J. Méndez, Camilo Seira, Andreas Ruíz, Vicente Ruíz, Alfonso Rivero de Aguilar, Carita Dubronin, Pilar Feás e Simion Crăciun. Esta exposición estará aberta ata finais de outubro. Neste acto, as e os artistas participantes no 'Faladoiro Pataca' que celebran unha vez ao mes -e desde fai cinco anos- no Bar Negreira 'O Pataca', sito na rúa compostelá do Vilar, amosarán alí as súas creacións.
Posteriormente servirase un viño de cortesía grazas ás Bodegas Nairoa, que propoñen o seu 'Albariño Alberte' para a ocasión. A estes caldos acompañaranos uns petiscos e, ademais, ao remate, as e os artistas conversarán co público asistente se este así o desexa.
As entradas pódense mercar enviando un correo a inesportela@madapro.es ou chamar ao teléfono 690195217. Cada unha ten un prezo de 12 euros e dá dereito á visita guiada ao pazo, á asistencia ao 'Faladoiro do Viño' -onde quedará inaugurada a exposición artística-, así como aos petiscos, ao viño de cortesía e á actuación musical que pechará a xornada.
O evento está organizado polo Pazo do Faramello, Mada Producións e Sumarte Proyecto Expositivo, contando coa colaboración de Bodegas Nairoa. Ademais das actividades do sábado 27, proximamente organizaranse dous obradoiros gastronómicos sobre mundo do viño, impartidos os vindeiros días 19 e 26 de outubro polo chef Miguel Rodríguez Pereira.
-
(18:00h.)
Pazo do Faramello15980 Rois(18:00h.)
Pazo do Faramello15980 Rois