II Encontro de procesos de creación escénica
Harley hyde nace a principios do ano 2009 na cidade de Santiago de Compostela cando Ángel Hyde e Izzy Harley abandonan o grupo de versións no que os dous tocaban para formar a súa propia banda; Harley Hyde, con influenzas de Hard rock, Glam metal, etc. Comezan tocando en acústico dando conciertos de escasa relevancia. Máis tarde deciden incorporarlle ritmo ao seu grupo, isto provoca a entrada de M.J. Thunder á batería e logo do fugaz paso de varios baixistas, entra na banda MR. Bassbeat.
Gravan unha primeira maqueta coa que resultan gañadores do concurso Música es Juventud da cidade de A Coruña. O premio consiste nunha gravación en estudio profesional. A partir dese momento comenzan a presentar o seu CDn así como novos temas e versións de grupos como Twisted Sister, Bon Jovi, Slade, Boston, Alice Cooper, Poison e Deep Purple en diversos lugares de Galicia como a sala Nasa, o Bar Brooklyn, os locais do estadio de San Lázaro en Santiago de Compostela; o teatro principal de A Estrada; ol café teatro Xesteira e a sala Auriense na cidade de Ourense.
-
(18:14h.)