Corpo (a)terra II edición
Corpo (a)terra. Danza e artes do corpo nas rúas de Ourense.
Dende o pasado verán 2011, Ourense conta cunha nova oferta cultural que a través da danza e as artes do corpo promove o encontro do cidadán e turista co espacio urbano.
Ao longo de tres días, e cunha programación que se inicia ás 20:30 da tarde, o espectador percorre a cidade da man deste festival, no que as prazas e recunchos mais emblemáticos, preséntansenos diferentes tras a súa ocupación por parte dos artistas.
Artistas internacionais e galegos, coa especial participación das compañías integradas por coreógrafos e bailaríns Ourensáns, serán os encargados das catro actuacións diarias, dunha duración aproximada de 20 minutos, que configura a programación.
Este Festival reivindica un novo uso do espacio urbano que apela a participación cidadana a través da danza. Na súa primeira edición foi o cidadán de a pé, convertido en espectador, o encargado de propoñerlle o nome co que marcar a súa identidade, finalmente: Corpo (a)terra. Cada ano, todos: cidadáns, artistas, espectadores, espacios urbanos, asociacións... formaremos parte das distintas edicións dalgún xeito particular.
A programación comenzará todos os días ás 20:00h na Praza de Santa Eufemia trazando diferentes percorridos a través do casco antiguo da cidade.
Os elementos a destacar este ano son: a colaboración con músicxs da comarca e do extranxeiro; a integración da arte antiurbana do artista “Peri”; a convocatoria da residencia artística corpo(a)terra, e a inclusión dun ciclo de videodanza no Museo Municipal de Ourense, no café cultural Auriense e no Campus de Ourense ( Universidade de Vigo).
Nesta edición xs invitadxs de honra, as Ourensanas, serán 4 compañías:
Repetindo en corpo(a)terra contaremos cos traballos de Pisando Ovos e Patricia Varela. Ademáis, poderemos ver o traballo da artista ourensana Paula Quintas, recén chegada de Londres. E a cía trasPediante co seu espectáculo "Baleadas" en formato longo.
Actuarán artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari que presenta unha proposta que mistura claqué, voz e ritmos coa artista Sandra Varela en “La tapadera”. As cubanas, Cía Entremáns; e por último a irlandesa Liadan Herriot, receptora da residencia artística.
Tamén nos achegaremos ao movemento dende outras disciplinas como o circo, coas propostas de Pablo Trasno e Fredi Circanelo; e dende unha vertente máis performativa-poética na proposta de nonou Edicións.
En corpo(a)terra 2012 haberá unha acción directamente dirixida cara o espazo urbano a través do artista anti-urbano “Peri” que debuxará inspirándose no ambiente e programación do festival. Abrirá o seu traballo o primeiro día de festival ás 21:30h na praza de San Cosme acompañado polo grupo Cró! e precedidos da actuación de Fredi Circanelo.
Este ano, a FESTA FIN DE FESTIVAL será na praza San Cosme, incluindo: a finalización da pintura iniciada por Peri; un espectáculo de Improvisación composta por 5 músicos, 2 voces, unha VJ e 4 bailarínas ás que se irán sumando máis artistas do festival a modo de Jam session; a actuación da banda femenina The Tetas´Van e a folida brindada pola asociación O Formiguinho. Haberá barras de venda de comida e bebida, para apoiar ao festival.
Máis info aquí: http://www.corpoaterra.blogspot.com.es/
-
(19:20h.)
corpo(a)terra32000 Ourense(19:20h.)
corpo(a)terra32000 Ourense -
(19:20h.)
corpo(a)terra32000 Ourense(19:20h.)
corpo(a)terra32000 Ourense -
(19:20h.)
corpo(a)terra32000 Ourense(19:20h.)
corpo(a)terra32000 Ourense