![Heads Up!](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4bf412f798a083.04428629.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
Heads Up!
http://www.teatroensalle.com/
Dirección e dramaturxia: Pedro Fresneda. Interpretacion: Raquel Hernández, Artús Rei, Gabriel Celster, José Martínez. Dirección coreográfica: Carmen Werner. Espazo escénico: Teatro ensalle. Iluminación: Pedro Fresneda. Espazo sonoro e composición musical: Gabriel Celester, José Martínez. Distribución: Lili Zecchin. Fotografía: Iván Jerez. Web: David Santos.
A derradeira fila fala do reencontro, da festa, do pasado común de catro persoas, de botar de menos, de pensar de máis. Fala de recoñecerse no amigo íntimo, no sitio de sempre. Non esquecer como antídoto da estupidez, do cansanzo. A memoria do que un dixera, do que un fixera, impregnada polo paso do tempo. Un espazo con lembranzas comúns, afastado da cidade, do ruído. Este é o punto de partida e probablemente o punto de final, o eterno retorno. Dende aquí poden abordar o que queda por diante sen facer renuncias, sen medo.
Teatro Ensalle é ante todo unha compañía de creación e investigación. Nacida en 1995, desde o ano 2003 está investigando en novas linguaxes propias de dramaturxias ao servizo da creación, cunha posta en escena elaborada. O seu teatro é o resultado do traballo físico e do adestramento continuo. Todos os membros da compañía están en maior ou menor medida involucrados en todas e cada unha das producións e coproducións que Teatro Ensalle leva ao cabo. A compañía sempre mostrou nas súas montaxes unha preocupación por situacións de abatemento social e por unha visión incisiva das realidades actuais. En outubro do 2003 Teatro Ensalle realiza a apertura da primeira sala alternativa de Vigo.
Montaxes: Petra Regalada (1997), Antonio Gala; El desván (2000), Pedro Fresneda; El marido de la peluquera (2001), Patrice Leconte; Las presidentas (2002), Werner Schaw; Ritter, Dene, Voss (2003), Thomas Bernhard; Zoo Nocturno(2004), Michel Azama; Oco (2005), Teatro Ensalle; Te has perdido el mar (2006) Teatro Ensalle; Te voy a echar de menos (2007), Teatro Ensalle e Provisional Danza; La estrategia del avestruz (2007), Teatro Ensalle; 105 pasos o la mecánica de la carne (2008), Teatro Ensalle; A derradeíra fila (2009), Teatro Ensalle.
-
(18:34h.)