Forraje
Formada no ano 1994, Bush Doctors foron a primeira banda galega de reggae. Debutaron no Rock Marino 95 e ese mesmo ano compartiron cartel con Afrobrass, pero sen dúbida o recoñecimento da banda chegaría a raíza da súa participación en The Bright Miracle Show, sendo apadriñados por Rita Marley e Sister Carol.
Despois de actuar en numerosos festivais e salas por toda Galicia, deron o salto ao ámbito estatal no ano 2000 no festival máis importante que se celebraba neses momentos en España, U-Zona Reggae (Cataluña). En 2003 actúan no Mariporrón (La Rioja), e máis tarde fan unha xira por Extremadura, Andalucía, Madrid e País Vasco.
Agora volven aos concertos en directo, despois de levar tres anos apartados dos escenarios, tempo no que non abandoaron o seu labor paralelo de difusión do reggae en Galicia co colectivo On the Bass Son System, organizando o Foundation Reggae Festival e outros concertos.
-
(12:59h.)