Fin
A xornalista Piedad Cabo, as poetas Olga Novo e Alicia Fernández e a escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira poñerán voz aos poemas de Wislawa Szymborska, a poeta, ensaísta e tradutora polaca que foi premio Nobel de Literatura en 1996 e que finou o pasado 1 de febreiro. Será este martes 28 de febreiro ás 21.00 h. no Modus Vivendi, na sesión dedicada en exclusiva a Wislawa.
"Foise Wisława Szymborska, á súa maneira, serena e quizais con certa retranca. Deixounos moitísimo, unha inmensa poesía. Soubo da edición en galego dos seus poemas. Estaba contenta con esta edición. Mesmo nos fixo dos dos seus famosos collages para a edición. Será eterna." Paco Macías, editor en galego de Wislawa
+ info: http://picaversos.wordpress.com/2012/02/22/especial-wislawa-szymborska/
-
(14:23h.)
-
(14:23h.)