Emprender ou morrer
Chévere propón unha micro-ultranoite na Gentalha do Pichel, con presencia de dous personaxes míticos da rúa de Baixo: As Marías, interpretadas por Mónica García e Arantza Villar. Tamén coñeceremos a un poeta emprendedor que vén desde Guadalupe, Enrique Tuñas (alter ego de M.Cortés), de quen sen dúbida xa teríades escoitado falar. E para arroupar e crear a atmósfera axeitada, contaremos coa participación dos músicos Xacobe Martínez Antelo e Manuel Cebrián.
Esta actuación encádrase dentro do ciclo de intervencións teatrais que Chévere está realizando nos barrios do Norte de Compostela para achegar á veciñanza as actividades de Urbana Norte, un programa financiado con fondos europeos que, desde 2009, está tratando de mellorar a mobilidade e habitalidade desta zona. Nesta caso, o obxectivo é facilitar asesoramento a calquera persoa que teña unha iniciativa para desenvolver nestes barrios.
Ao longo dun mes, Chévere levou o seu teatro de variedades a Vite, O Romaño, Rúa do Home Santo, Concheiros, San Roque e Santa Clara, para animar á veciñanza a pensar e invertir no seu propio barrio, co apoio do programa Urbana Norte e Concello de Santiago e coa colaboración da consultora Promove.
-
(21:00h.)
Gentalha do PichelRúa Santa Clara 15704 Santiago de Compostela(21:00h.)
Gentalha do PichelRúa Santa Clara 15704 Santiago de Compostela