![El Borde Donde se Termina el Mar](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4cb877326416f5.02039313.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
El Borde Donde se Termina el Mar
O 5 de novembro, os The Bellrays veñen á Nasa a presentarnos o seu último disco, "Black Lightning".
Se hai unha banda que acadase unha perfecta fusión de punk e rythm'n'blues, con permiso de Zen Guerrilla, é ista: os The Bellrays. Con Lisa Kekaula ao fronte, todo un furacán de voz, heredeira de Etta James, Aretha Franklin ou da máis salvaxe Tina Turner, os Bellrays definen a súa música como ''maximum rock & soul''.
Partindo de bases e influenzas tan diversas como MC5, Parliament, James Brown, Ike & Tina Turner, Miles Davis, Stooges, Sixties R&B e The Who, obtiveron unha boa acollida facendo o que só unhas cantas bandas poden: tocar música visceral emanada directamente da alma, isto é, soul music. Aos Bellrays téñenos definido como un autobús cargado de artistas Tamla Motown de colleita marcándose versións de Black Flag.
-
(21:00h.)