Dura Lex, por fin na Ramallosa
O novo espectáculo de Volta e Dálle, un monólogo acedo sobre a Xustiza escrito por Carlos Santiago e protagonizado por Pepe Penabade, estará no Auditorio da Ramallosa o 19 de xuño ás 21:30h.
As entradas poden adquirirse a través de Redenasa.tv ou en distintos puntos de venda en Santiago e Teo. Máis información, no blogue do espectáculo.
O xuíz Salomón da Silva, natural de Nacente, aldea perdida no Souto da Retorta, convoca un acto promocional para presentar un invento revolucionario, a DURA LEX PRO 1.0, a máquina de facer xustiza. Víctima dunha conspiración urdida nas intrincadas canalizacións do poder xudicial, o xuíz Salomón da Silva quere redimirse dando a coñecer o froito de máis de vinte anos de traballo e investigación.
Entre as variadas prestacións do invento destaca a súa axilidade no procesamento de condutas delictivas, a súa economía de medios facilitada pola supresión de fiscais, avogados, procuradores e outros roles xurídicos, e a súa irreprochable imparcialidade mecánica. Ante a urxencia de reformas e recortes no eido xudicial, sancionada pola crise e a política gubernamental, o noso xuíz ofrece á sociedade a solución perfecta a todas as imperfeccións do sistema xudicial.
FICHA TÉCNICA
AUTOR: Carlos Santiago
DIRECCIÓN: Comba Campoy – Carlos Santiago
ELENCO: Pepe Penabade
ESPAZO SONORO: Carlos Santiago
ESPAZO ESCÉNICO: Pancho Lapeña
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Xacobo Castro
VESTIARIO: Taller Voltaedalle
DESEÑO GRÁFICO: Pancho Lapeña
FOTOGRAFÍA: Xan G. Muras
TÉCNICO DE LUZ E SON: Xacobo Castro
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Voltaedalle- teatro
COMUNICACIÓN: Comba Campoy
-
(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.