Desassossego
Dessasosego é un espectáculo que se enmarca baixo a etiqueta de poesía escénica. Trátase dun recital teatral sobre o desacougo.
En Desassossego emprégase a tecnoloxía dos anos 70(un proxector de diapositivas, radiocasettes,transistores, un pick up, unha máquina de escribir...) para falar da inquietude a través da poesía e a música.
Cada tema musical foi composto especialmente para cada poema en concreto, empregando instrumentos como a máquina de escribir, unha cámara de fotos analóxica, uns zapatos de tacón... pero tamén utilizando rexistros sonoros de momentos e espazos que particularmente lles resultan desacougantes, coma entrar nun centro comercial ou sentir dende a casa o funcionamento do ascensor.
Desassossego é un espectáculo de pequeno formato no que seis autoras galegas poñen letra a este recital teatral- musical xunto con outras tres do resto da península nun espectáculo de 45 minutos (Branca Novoneyra, Olalla Cociña, Lupe Gómez, Lucía Aldao, Sther F. Carrodeguas, Xiana Arias, Luci Romero, María Salgado, Adília Lopes).
Reserva de entradas + info: info@latuerkafilms.com ou 618 470 512.
-
(20:00h.)
La Tuerka 27Doctor Fleming 27, 15005 A Coruña, Spain(20:00h.)
La Tuerka 27Doctor Fleming 27, 15005 A Coruña, Spain