De viaxe coas Cándidas (ultracatolicismo low-cost)
Chévere presenta un spin-off da Ultranoite na horta do Lestón, protagonizado por tres personaxes que non deixan indiferente a ninguén. Susa, Chus e Mª Xesús son tres señoras, mellor dito, tres mulleres de hoxe en día que uniron os seus destinos para cumprir un soño común: ver ao papa en persoa, e de paso, se cadra, saúdalo, fotografíalo, tocalo... Nunha palabra, amalo. Pero iso sí, como devotas cristianas. E aínda que todos os camiños levan a Roma, as rutas da peregrinaxe low cost ofrecen posibilidades inesperadas tanto para coñecer outros lugares como para poñer a proba unha amizade a salvo do pecado. Se queredes coñecer a estas tres almas cándidas en profundidade, non vos perdades esta crónica ao seu interior.
En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.
Máis info: http://on.fb.me/12UFgIP
-
(22:30h.)
Casa Lestón (Sardiñeiro, Fisterra)Avda da Coruña, nº 29 . Sardiñeiro, 15153 Fisterra.(22:30h.)
Casa Lestón (Sardiñeiro, Fisterra)Avda da Coruña, nº 29 . Sardiñeiro, 15153 Fisterra.