da Nasa
O Ghastas Pista? é a ocasión na que os artistas de Circo proban números aínda en proceso de creación, onde os principiantes se enfrontan por primeira vez cun público no escenario, onde calquera afeccionado pode mostrar artisticamente as súas habilidades.
Recollendo o espírito das Festas do Circo, que co paso dos anos evolucionou ata case asustar un pouco aos primeirizos, naceu este novo espazo para manter a frescura e a arroutada dos que están comezando.
Cada Ghastas Pista? consta de dúas partes: por un lado ofrécelles a posibilidade de actuar nun lugar emblemático coma é a SALA NASA a todos aqueles que teñan un numeriño, cun público afín e cun presentador ou presentadora que conducen a gala. Na segunda parte o Ghastas Pista? convértese nunha auténtica jam session de Novo Circo e Cabaré, pois calquera pode subir espontaneamente ao escenario e probar sorte.
Así que xa sabedes, a ghastar pista, chavalada!
Ghastas Pista, o teu primeiro escenario.
-
(21:00h.)