O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira
Unha experiencia de cine como nunca viviches. A maxia dos precursores. A sorpresa e a inocencia dos primeiros anos do cinematógrafo. Pasen e vexan, os Irmáns Lumieira transportan nos seus caixóns tesouros únicos en celuloide polos que pasan cómicos como Charlie Chaplin, Buster Keaton, Harold Lloyd e prestidixitadores como George Meliés ou Segundo de Chomón. A maxia da auténtica proxección cinematográfica, a música en directo e o humor cabareteiro dos Irmáns Lumieira son os tres soportes dun espectáculo único e para todos os públicos, desde os máis cativos ata os máis grandes da casa.
En escena: Tomás Lijó, Carlos Meixide, Suso Alonso. Técnica e proxección: Tomás Lijó. Música: Suso Alonso. Escenografía: Pepe Penabade, Natasha Lelenco. Dirección: Víctor Mosqueira. Produción: Ana Triñanes e Tomás Lijó. Distribución: Ana Triñanes.
Entradas: 8 € | Menores de 13 anos: 4 € | Venda adiantada en internet: http//:redenasa.tv e nos seguintes puntos: Santa Sede (A Ramallosa), A Senra (Pontevea) e A Capilla (Calo).
-
(19:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(19:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.