Citizen (versión íntegra) últimas funcións
Despois de tres anos circulando por escenarios de toda Galicia e máis do resto do Estado, superando amplamente as 100 representacións, Citizen regresa a casa para despedirse do público máis local, da xente máis próxima. Faino en Teo, a nosa casa de acollida cultural, para celebrar dous anos de residencia teatral e para compartir esperanzas coa veciñanza do concello.
Se ninguén o remedia, serán as últimas funcións de Citizen, unha oportunidade para quen non a vira antes ou para quen queira botarlle unha ollada derradeira.
Citizen é ese experimento de construír unha peza por episodios e logo facelos encaixar. É unha historia da globalización feita a partir de materiais moi locais. Unha ficción artellada con datos da realidade máis próxima. Un culebrón que medra en paralelo á historia de Zara e do seu fundador, A.O. Un retrato posible dos últimos 35 anos de historia. Unha mirada retrofuturista ao cambio de réxime, á Transición e aos anos 80 e un exercicio de política-ficción sobre a burbulla financeira que domina as nosas vidas no século XXI.
Pero sobre todo Citizen é un honesto traballo teatral que investiga nas tripas das linguaxes escénicas para abrir novas posibilidades narrativas. Teatro en movemento, inconformista e de código aberto, que sen embargo non renuncia ao entretemento e ao público. Gustaríanos compartir con vós esta experiencia unha última vez.
Aforo limitado. Entradas á venda en redenasa.tv.
En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos. Dramaturxia, dirección: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Movemento escénico: Rut Balbís. Iluminación: Fidel Vázquez. Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Quadra Producións, Oroboro Filmes. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Actores do Breaking News From Galicia: Monti Castiñeiras, Iria Pinheiro. Unha creación Chévere, compañía residente no concello de Teo. Co apoio de AGADIC, Concello de Teo.
-
(18:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(18:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(18:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(18:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.