Citizen (versión completa) - Fin de semana
Reparto: Marián Bañobre, Juanjo Otero. Autor: Santiago Cortegoso. Dirección: Fernando Soto. Movimento Escénico: Laia Oliveras. Espazo Escénico: Raúl Baena, Fernando Soto, José Veses. Iluminación: Raúl Baena. Vestiario: Araitz Gandiaga. Imaxe Gráfica: Estefan Lorén. Prensa e Comunicación: Mélanie Pindado. Produción Executiva: Natalia Ortega, Juanjo Otero.
Hámster é un proxecto que nace nos III Encontros en Magalia (2008), organizados pola Red de Teatros Alternativos co fin de poñer en contacto a creadores escénicos procedentes de distintas comunidades autónomas e ámbitos artísticos. O texto de Santiago Cortegoso foi seleccionado naquela edición, xunto a outras once propostas textuais e non textuais, para ser traballado e presentado ao rematar os Encontros. O entendemento acadado polo equipo participante e a boa acollida por parte dos asistentes aos Encontros fixeron que aquela aventura continuase ata convertila nun espectáculo producido pola Sala triángulo de Madrid.
Desde a metáfora de que vivimos como animais engaliolados, os dous personaxes (o macho e a femia) falan de temas universais e suxiren cousas sobre a condición humana. Pero non o fan baixo a forma dunha análise intelectual ou dunha observación crítica da realidade social, senón a través da plasmación automática de impulsos interiores. Boa parte do texto consiste nunha especie de vomitona, de forma de palabras, de raiba acumulada, de pulos emocionais que non pasan o filtro dunha reflexión racional.
O Hámster (en alemán almacenar) é un mamífero roedor orixinario de Asia Menor e do Cáucaso pertencente á subfamilia dos múridos, con nome científico Mesocricetusauratus. Aínda que o seu número ten descendido drasticamente no seu hábita natural, a súa cria en cautividade extendeuse por ser unha especie moi estimada como animal de laboratorio e como mascota. Atura con facilidade a vida en cautividade e chega a desenvolver certo afecto polo seu criador, a quen pode identificar e obedecer. Cómpre que o hámster estea ben atendido. Se falta espazo ou comida, a femia considera que non poderá sacar adiante a todas as súas crias, matándoas e devorando ás máis febles para que as máis fortes podan sobrevivir.
Un fragmento da primeira versión de Hámster, feita nos III Encontros de Magalia, organizados pola Red de Teatros Alternativos en 2008
-
(10:56h.)
-
(10:56h.)