Citizen (versión completa)
O Racing San Lourenzo leva dando guerra en Santiago dende o 1928. Desta volta celebra o remate da tempada cunha festa concerto na Nasa o día 2 de xullo ás 21.30 h., á que asistirá o cantante Pablo Líquido.
Pablo Líquido é un músico e actor independente que nesta última década percorreu toda España. Son xa máis de 900 concertos ás súas costas.
Grandes clásicos de pop-rock internacional como The Beatles, Elvis,
Prince, Rolling Stones, U2, R.E.M, Bon Jovi, The Creedence Clearwater Revival, Metallica, The Police e, sobre todo, Queen, forman parte do variado repertorio salpicado de humor que levou a este showman navarro por vilas e cidades de todo o estado, deixando sempre un sorriso como recordo nos espectadores.
Pablo Líquido ten editados cinco traballos (4 CD´s e 1 DVD) co seu propio selo discográfico Nota a Gota, creado no 2002, e está a un paso de editar un próximo disco baixo o nome artístico de LIKIDA.
-
(12:45h.)