Citizen 1
Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles, que conta a historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do s. XX. A nosa obra conta a historia de A.O., un empresario galego do téxtil que se convirte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do s. XX. Citizen fala da construción dun imperio económico desde a periferia. Fala de cómo utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de cómo se constrúe a realidade como se fose un culebrón. Citizen é unha historia de ficción baseada nun personaxe real.
O proxecto completo de Citizen está estruturado en tres partes, en tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa ao longo da tempada 2010-2011 como se fose unha obra de teatro por episodios. Cada un deles é a continuación e consecuencia do anterior. E ao cabo, a suma dos tres supón un novo espectáculo de maior formato.
Citizen 1 sitúanos nese momento iniciático que ten toda gran aventura. Cando é difícil separar a realidade dos soños. A verdade da invención. O teatro, da vida. Pero tamén é unha historia da Transición, contra a Transición. Estamos en 1975. Franco morreu. Todo tería que mudar. Ela está exactamente onde hai que estar. El non ten posición. Ela é dun lugar do que ven fuxindo. El non sabe nin de onde ven, pero sabe exactamente a onde quere chegar.
Unha creación Chévere. En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés. Dramaturxia e dirección: Xron. Escrita: MCortés. Técnico en xira: Fidel Vázquez. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Vídeos: Oroboro Films. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Colaboran: Xacobe Martínez Antelo. Unha creación Chévere!, compañía residente no concello de Teo. Co apoio de AGADIC, Concello de Teo, INAEM, Deputación de Lugo, Gadis. O noso agradecemento a Óscar, Alba, Laura, Paco, Pepe, Mónica, Miguel e Celso. Citizen 1 estreouse na Sala Nasa o 6 de outubro de 2010.
-
(22:00h.)
IES As Barxas MoañaLugar Barrio O Rosal, 2, 36959 Moaña(22:00h.)
IES As Barxas MoañaLugar Barrio O Rosal, 2, 36959 Moaña