Circo á feira
NANONASA 2010
campamento cultural de verán para nen@s
un achegamento divertido ao teatro, a música, o cine, o movemento e o deporte
1ª quenda: Do 28 de xuño ao 9 de xullo
2ª quenda: do 12 ao 23 de xullo
De luns a venres de 10,00h. a 14,00h.
CONTIDOS
• Música: obradoiro de construción de instrumentos musicais inventados, elaboración de contos musicais.
• Teatro: a través de xogos participativos traballarase co corpo e o movemento, coa voz, co espazo e os obxectos en escena e coa creación de personaxes (xestualidade, caracterización),
• Cine: proxeccións comentadas de filmes clásicos. Realización de micropezas audiovisuais para internet (www.redenasa.tv).
• Artistas convidados: Como remate de cada xornada, contaremos coa visita dun artista convidado, que compartirá cos nenos e nenas a súa experiencia. Actores, actrices, magos, músicos, mimos, malabaristas, maquilladoras, bailarinas vencelladas á actividade habitual da sala NASA.
• Deporte: aproveitando a proximidade do Campus Universitario farase un intercambio coa Fundación Universidade Deporte para que os nenos e nenas teñan un día de visita activa ás instalacións deportivas universitarias (rochódromo, xadrez, atletismo, esgrima...). Tamén se fará unha visita ao Clube Hípico La Lagunita, especializado en actividades de equitación para nen@s e situado en Bando (San Marcos). http://www.hipicalalagunita.com
• Espectáculo: Como actividade comlementaria ao campamento, o Xoves 8 de Xullo ás 20,00h. programarase un espectáculo de teatro musical e circo dirixido a todos os públicos, titulado Rock In Micro.
Público: nenos e nenas entre 6 e 11 anos, organizados en dous grupos: 6 a 8 anos e 9 a 11 anos.
Horario: a recepción dos cativos farase entre 9,45h. e 10,00h., momento no que darán comezo as actividades. A recollida farase entre 14,00h. e 14,15h.
O campamento inclúe un almorzo a media mañá.
Nº de prazas: 30 por quenda
Prezo (inclúe materiais, almorzos, transporte a La Lagunita e entrada ao espectáculo): 110 €
Tripulación: 90 €
En caso de inscribir varios irmáns, a cota será de 90 € cada un/unha
Inscricións: a partir do 10 de maio e ata o 25 de xuño, por orde de recepción. Pódense facer directamente na oficina da Sala NASA, de luns a venres entre 11,00h. e 14,00h. ou enviando a ficha de inscrición a: Sala NASA, Rúa San Lourenzo 51-53 15705 Santiago D.C. ou no mail nanonasa@salanasa.com, indicando o nome completo do/a rapaz/a, a idade, un enderezo, un teléfono e un e.mail de contacto.
Para confirmar as inscricións será necesario adxuntar o resgardo de pagamento (ingreso na conta 2100 5753 03 0200055189, indicando nome do neno/a e concepto: nanonasa).
Inscrición por semana:
En caso de que haxa alguén interesado/a no campamento que só poida asistir durante unha semana, reservaranse un máximo de 5 prazas por quenda para estes nenos que só asistan unha das semanas (de luns a venres).
O prezo será de 60 € (tripulación/irmáns: 50 €)
Se algún neno ou nena ten algunha alerxia a algún alimento ou se precisa dalgunha medicación ou coidado especial, deberá ser comunicado no momento da inscrición.
Monitores:
Tomás Rábanos Muro, pedagogo en educación musical. Cursou estudos en diversas metodoloxías da pedagoxía musical, así como cursos de psicomotricidade, psicoloxía infantil e de dirección coral. Vén traballando nesta especialidade dende o ano 1986, impartindo clases, cursos e obradoiros e dirixindo campamentos de verán para nenos. Tamén ten impartido cursos para a formación do profesorado.
Miguel Curra é músico e cantante cunha traxectoria escénica de máis de 15 anos. Liderou bandas como Os Piores e Tombstones, foi músico de sesión para numerosos artistas, membro de coros como A Rá e Escola Estudio, dirixidos por Ramón Bermejo e traballou en producións escénicas como actor e técnico de son. Realizou estudios de imaxe e son, dobraxe e pedagoxía musical, especializándose na realización de obradoiros que mesturan música e teatro.
Organiza: Sala NASA e Chévere, compañía residente na sala.
Dirección do proxecto: Xesús Ron.
Produción e coordenación: Juancho Gianzo, Montserrat S. Alonso.
Persoal de apoio: Ángel Lago, Arantza Villar.
Técnica: Xacobo Torres Coco.
Administración: Adriana Tubío.
-
(20:44h.)
-
(20:44h.)