Chelo. Paseo nº 1. Chévere no festival Fóra do Mapa
Roteiro guiado para pasear e imaxinar o barrio da Magdalena. Festival Fóra do Mapa, Ferrol.
Chévere propón unha intervención teatral no barrio da Magdalena que é un xeito distinto de achergarse á mesma cidade de sempre. Unha experiencia teatral superposta sobre o espazo urbano. Apropiarse do paseo como táctica de relación coa contorna para provocar un feito escénico a pé de rúa. É apenas andar, mirar, escoitar. Activar o encontro entre o teatro e o público. Desenvolver unha ficción que fará aínda máis real a cidade na que vivimos. Só tes que seguir a Chelo e escoitar o seu relato de Ferrol.
O público terá que seguir a peza a través de reprodutores mp3 e auriculares que se entregarán no Antigo Hospicio de Ferrol 15 minutos antes de iniciarse o roteiro. O aforo é de 30 persoas. Pódese reservar con antelación.
Faranse dous routeiros: ás 12,30h. e ás 13,30h. Punto de inicio do roteiro: antigo Hospicio, praza de Amboage. Punto de remate: Libraría Quijote, rúa Real. Duración estimada: 40 minutos.
Ficha Artística: Idea e creación: Chévere Coa participación de Patricia de Lorenzo, Xron, Mónica García, Borja Fernández e Xacobe Martínez Antelo
-
(12:30h.)
Antigo Hospicio de FerrolPraza de Amboaxe. 15402 Ferrol.(12:30h.)
Antigo Hospicio de FerrolPraza de Amboaxe. 15402 Ferrol. -
(13:30h.)
Antigo Hospicio de FerrolPraza de Amboaxe. 15402 Ferrol.(13:30h.)
Antigo Hospicio de FerrolPraza de Amboaxe. 15402 Ferrol.