Chabal&Chabala embargan todo no Cutregal
A cultura si que ocupa lugar, por iso queremos desfacernos das nosas posesións menos prezadas, confiando en que haxa alguén que as aprecie e lles dea o lugar que merecen nalgún andel da nosa Galicia.
Por iso vai ter lugar a primeira edición do CUTREGAL - Cultura de segunda man, o vindeiro venres 4 de xaneiro, entre as 6 e as 10 da tarde, no café Bolengo do ensanche compostelán (rúa Ramón Cabanillas, 17).
Ven con algo de cartos para gastar en libros, banda deseñada, discos, roupa e outras trangalladas gastroculturais a moi bo prezo. Se queres vender algo teu tamén podes: se tes pouca cousa, haberá un posto freelance que poremos ao servizo dos visitantes.Tamén haberá un posto de troco. E se queres ter ou compartir un posto tamén nos podes contactar no correo: cutregal@gmail.com, preguntarnos na nosa páxina de Facebook ou ben a través do noso pertil en Twitter.
Chabal&Chabala tamén vai ter un posto. Prometemos un ano ben quentiño co noso Calendario erótico 2013 con fotos de Iván Nespereira. Pero non vai ser o único que atopes no noso bazar. Fieis ó noso cutrerío haberá artigos ben cheos de bizarrismo e sobrados de espírito indie: discos, libros, dvd's, roupa e cacharrería variada da nosa trastenda. E por se hai alguén a quen lle pareza pouco cutre tamén temos o VHS da boda e Chábeli, vale?
-
(18:00h.)
Café BolengoRúa Ramón Cabanillas, 17. 15701 Santiago de Compostela(18:00h.)
Café BolengoRúa Ramón Cabanillas, 17. 15701 Santiago de Compostela