C60 Grandes Éxitos
De Jacobo Pallarés, Rafa Casañ, Pedro Lozano. Con Diego Sánchez, Kika Garcelán, Inés Cárdenas. A web de Inestable
A compañía Teatro de lo Inestable (Valencia) xurde como un ámbito de expresión que ofrece modernidade e experimentación en todos os seus espectáculos. Sobre héroes y antihéroes é unha reflexión sobre as dúbidas e interrogantes que a miúdo formulamos, executada con forza visual, convidando ao espectador a un diálogo aberto, pero sen deixar de lado a linguaxe agresiva, directa e sen prexuízos que son características dos seus textos.
¿Cantas veces tivestes realmente medo a morrer? ¿E cantas desas veces apartastes da vosa cabeza esa idea? ¿Cantas veces vos preguntastes por qué ides morrer aínda que fagades o ben, cumprindo as normas, aceptando o xogo, sendo boas e malas persoas a partes iguais, crentes e ateos ao mesmo tempo, lascivos, pecaminosos, adúlteros, monógamos, medoñentos, valentes…?
Por qué facéndoo todo..? Por qué facéndoo todo..? Preguntádesvos coma nenos, ¿por qué cona ides morrer?
-
(20:02h.)
-
(20:02h.)