Jazz en Teo
Dentro das actividades que o grupo Chévere promove no concello de Teo como compañía residente, a partir de setembro artellaremos unha parte da programación baixo o formato de monográficos, paquetes concentrados de actividades dedicadas a unha determinada disciplina artística. Cada monográfico inclúe accións de divulgación en colaboración con entidades culturais do concello, espazos de encontro profesional, un diálogo aberto entre artistas, mediadores e público e unha mostra de traballos.
Este primeiro monográfico está dedicado ao jazz que se está facendo en Galicia. A idea é convidar ao público, a músicos, afeccionados e veciños a que veñan pasar en Teo un día intenso arredor do jazz, con concertos, proxeccións, jams e faladoiros. Un día de encontro, diálogo e música ao vivo que será o domingo 30 de setembro. Na semana anterior faranse ademais unha serie de actividades para a difusión e divulgación da música de jazz en varios espazos do concello de Teo.
Este é o programa:
24 luns IES Cacheiras
Encontro ao vivo con músicos de jazz: Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Pablo Castaño (saxo alto), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería). Encontro e concerto co alumnado do IES de Cacheiras. Entrada de balde.
26 mércores ás 23,00h. A Senra Café, Pontevea
Jam Session co Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet: Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Pablo Castaño (saxo alto), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería). Entrada de balde.
29 sábado Sociedade Recreativa de Calo
Encontro ao vivo con músicos de jazz: Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Pablo Castaño (saxo alto), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería). Entrada de balde. Encontro aberto cos músicos da Banda de Calo e alumnado da súa escola de música. Entrada de balde.
30 domingo todo o día A Ramallosa
AVISO IMPORTANTE: A entrada adiantada custa só 10€ e dá dereito a acceder a todas as actividades do día e ter un 20% de desconto en todos os libros e discos que se poñan á venda. Se mercas a entrada adiantada tamén podes reservar a túa praza para o xantar na Santa Sede (ao lado do auditorio da Ramallosa), que elaborou un menú especial a un prezo de 10€ por persoa. O aforo para o xantar é reducido, e só se poderán atender as primeiras 25 reservas. Envíanos un correo electrónico a: info@grupochevere.eu, indicando no asunto "xantar jazz" e recibirás a confirmación de volta.
12,30h. FACTOR -E-RESET (noneto dirixido por Marcos Pin). Concerto guiado e comentado para todas as idades. Auditorio da Ramallosa, prezo mercando en taquilla: 5€
Con Marcos Pin (guitarra), Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Max Gómez (batería), Javier Pereiro GDJazz (trompeta), Pablo Castaño (saxo alto), Luis Miranda (trombón), Toño Otero (saxo tenor), Xosé Lois Miguélez Pelís (saxo tenor), Ton Risco (vibráfono).
14,00h. XANTAR na Santa Sede (aforo limitado)
16,00h. FALADOIRO E CAFÉ (na Santa Sede), con Juan Torreiro (xornalista e blogueiro especializado en jazz), Pilocha (cantante e condutora do programa de jazz da Radio Galega "Estrano Froito") e Luis Vila Pillado (melómano empedernido). Recuperamos o formato tertulia para situar a escena jazz en Galicia. Entrada de balde.
18,00h. STRAIGHT, NO CHASER (Clint Eastwood, 1988). Proxección da película documental sobre Thelonious Monk, no auditorio da Ramallosa. Entrada de balde.
20,00h. CONCERTOS EXPRÉS, Tres concertos de media hora encadeados, que rematarán nunha jam session na que se mesturarán todas as-e-os músicos asistentes. Auditorio da Ramallosa. Prezo mecando en taquilla: 10€
Xacobe Martínez Antelo Quinteto (Marcelino Galán, guitarra. Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo. Max Gómez, batería. Pablo Castaño, saxo alto. Toño Otero, saxo tenor)
Ton Risco Quinteto (Marcos Pin, guitarra. Juan Cañada, contrabaixo. Max Gómez, batería. Javier Pereiro GDJazz, trompeta. Ton Risco, vibráfono).
Sumrrá (Manuel Gutiérrez, piano. Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo. LAR Legido, batería)
Jam Session aberta a calquera músico asistente.
Durante todo o día haberá unha mostra de discos e libros de jazz á venda no auditorio.
Outra Información de interese:
Ton Risco Quinteto
http://www.myspace.com/tonrisco
http://es-la.facebook.com/events/365264116867663/?ref=nf
Factor -E- Reset
http://www.jazzlugo.com/artistas/60/marcos-pin-factor-e-reset
Xacobe Martínez Antelo Quinteto
(vídeo) http://redenasa.tv/gl/post/xacobe-martinez-antelo-quinteto/
Sumrrá
(vídeo) http://redenasa.tv/gl/post/sumrra-believe-in-trane-2/
A Senrá Café
Pontevea, s/n - PONTEVEA - 15886 Teo (A CORUÑA)
981 815 744 asenracafe@gmail.com www.asenracafe.es
Local moi recomendable do concello, situado na estrada Santiago-A Estrada xusto antes de Pontevea. Podes tomar un café de mañá, comer, cear ou ir tomarlle unha copa e, se hai sorte, mesmo podes ver unha actuación en directo, tanto música como teatro (Carlos Blanco, Quico Cadaval...)
http://www.facebook.com/pages/A-Senra-Cafe/290904104328697
A Santa Sede
Trva. Ramallosa, 22 - 15883 Teo (A CORUÑA)
981 809 228
Outro dos locais recomendables do concello de Teo. Esta a carón do auditorio, ao pé da estrada. Podes tomar o almorzo, un café,, unha caña e podes comer case a calquera hora con total confianza. Son os nosos cómplices para atender ao público da Ultranoite que quere beber algo mentres ve o espectáculo.
-
(12:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(12:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.