BDS - Galiza
Coincidindo coa celebración en Compostela de L'Extraordinaire Uchronie, un evento cidadán steampunk e retrofuturista que terá lugar ao longo de todo o día 7 de maio, a Nasa propón á tripulación unha ultranoite para imaxinar como imaxinariamos o futuro de ter podido facer un cabaré en Compostela a finais do século XIX. Ou como imaxinamos que sería o presente se o vestimos coas roupas do pasado.
Músicas de hoxe con sonoridades decimonónicas. A actualidade informativa do Breaking News From Galicia coas maneiras do cine mudo dos primeiros anos. Un axente literario de hoxe en día aconsellando a Rosalía, a Xulio Verne ou a Conan Doyle. Un teatro de títeres de cachiporra facendo un Ubú Roa. E a reivindicación do xenio incomprendido de Nikola Tesla. Todo isto e algo máis nunha Ultranoite de peto.
-
(15:46h.)