As Obras Completas de John Balan (Festival Leverelem das Artes da Fala)
Durante os días 5 e 6 de outubro terá lugar en Pontevedra o Festival Leverelem das Artes da Fala.
O día 6 Chévere participará na Noite de Variedades presentada por Quico Cadaval, xunto a Paula Carballeira, Marián Bañobre, Cabraret, Triateros e Pei de Noz. E o faremos cunha homenaxe ao gran cómico de Marín, presentando "As Obras Completas de John Balan". Despois dun intenso traballo de recopilación, limpeza e trascrición, Chévere xuntou as "películas" que Balan contaba e reinterpretaba nas súas actuacións. Clásicos que perdurarán durante moito tempo na memoria dos espectadores, como "El callejón de las vírgenes despistadas", "La muerte es inoxidable" ou "Quien comió las peras del cementerio" serán interpretados polos actores e actrices da recén constituída Balan Royal Company.
Leverelem, primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.
-
(21:00h.)
Teatro Principal de PontevedraRúa de Paio Gómez Chariño, s/n 36002 Pontevedra(21:00h.)
Teatro Principal de PontevedraRúa de Paio Gómez Chariño, s/n 36002 Pontevedra