As Cándidas no Mercado dos Tilos
Compra saudable e aerobic horto-espiritual para os sábados á mañá.
Os tres últimos sábados do mes de setembro, arredor das 12,30h., Chévere fará unha animación teatral no Mercado de Alimento Labrego que ten lugar na rotonda que está diante do centro comercial dos Tilos e a carón do parque infantil. A filosofía deste mercado é que se poida atopar froita, verdura, leite da contorna máis próxima, que vén dunha agricultura sostible e busca tamén un consumo consciente e responsable. No pasado mes de xuño o mercado, posto en marcha grazas á colaboración entre o concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego, cumpría un ano cunha valoración positiva por aprte dos vendedores e usuarios. Agora, Chévere súmase aos esforzos do concello e dos vendedores para difundir esta iniciativa e tentar atraer un maior número de visitantes. As Cándidas, personaxes saídos da Ultranoite, farán unha visita ao mercado e farán unha sesión aberta e participativa do seu aeróbic horto-espiritual.
-
(12:30h.)
Mercado do alimento labrego dos Tilos.Praza circular dos Tilos s/n 15886 Teo(12:30h.)
Mercado do alimento labrego dos Tilos.Praza circular dos Tilos s/n 15886 Teo -

Mercado do alimento labrego dos Tilos.Praza circular dos Tilos s/n 15886 Teo