Apple Love
"A Tribu" está formada por Rosolino Marinello e Toño Otero ós saxos, Manuel Cebrián á guitarra eléctrica, Xacobe Martínez Antelo ó baixo eléctrico, David Outumuro ás percusións, Max Gómez á batería e VJ Frondo na vídeocreación.
"A Tribu" é o proxecto eléctrico de Xacobe Martínez Antelo. Unha volta ás raíces. Unha mirada ó rock, ó funk, ó hiphop, ó groove, pero sen esquecer todo este camiño percorrido polo jazz, pola improvisación e pola creación musical colectiva. É unha ocasión de revisitar o Songbook persoal de Xacobe Martínez, así como a oportunidade de adentrarse en novos terreos compositivos.
Desta vez, actuarán xunto con Juanito Broders, que durante este ano 2011 teñen previsto sacar catro EPs. O primeiro deles, Los Colegas Paletos, pódese descargar xa da súa páxina.
-
(12:21h.)
-
(12:21h.)