Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra. É o terceiro proxecto escénico sementado na Berberecheira do grupo Chévere.
Cando en maio de 2016 Iria Pinheiro entrou no hospital para dar a luz con rotura de bolsa amniótica non sabía que nas seguintes horas mudaría a súa vida para sempre. Varios días despois saiu mutilada daquel edificio, coa sensación de ter sido estafada e sen o seu fillo. Foi abandonada polo sistema e tivo que xestionar a súa dor e recuperación en soidade. Pero axiña descubriu que non era a única muller mutilada no momento de parir. Investiga nas redes e atopa testemuños por todo o mundo. Entón é cando se convence da necesidade de abrir un camiño para outras mulleres, contando a súa historia no espazo público cos medios que ten ao seu alcance: os que lle proporciona o seu traballo en escena.
Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.
“Converterse en serea non é algo doado,
aínda que todas as mulleres levan a posibilidade da serea dentro.
É un proceso longo que por veces pode pasar mesmo inadvertido,
pero un día estás deitada na cama ou no sofá e decátaste de que ese formigo
que sentes nas pernas non é que as teñas dormentes.
É que as tes... ausentes.
Desapareceron.
Unha coiraza de escamas protéxete da ausencia,
pero vas poñer os calcetíns e hostia! Non tes por onde.
A miña metamorfose comezou o 5 de maio de 2016,
un mes e tres días antes do que estaba escrito nas entrañas das aves,
un mes e tres días antes do que se lía nas follas de té,
un mes e tres días antes de que o vaticinaran todos os oráculos.
Un mes e tres días antes do que calculaban os xestogramas do SERGAS."
Fragmento do texto da obra
A berberecheira
Este é o terceiro proxecto sementado na Berberecheira, un laboratorio de creación escénica promovido e xestionado polo grupo Chévere en Teo para apoiar proxectos de creación innovadores que desbordan o núcleo estable da compañía, dando soporte e incorporando as voces e as poéticas doutras persoas ao discurso vital do grupo.
Con esta nova obra a Berberecheira segue desenvolvendo o plan de traballo iniciado en 2015, centrando o seu interese en proxectos escénicos que documenten experiencias e historias persoais, contadas en primeira persoa e conectadas con acontecementos colectivos. As dúas anteriores foron Goldi Libre, de César Goldi (sobre o movemento de insubmisión ao exército) e Salvador, de Borja Fernández (sobre o impacto da emigración e a ausencia nas xeracións seguintes).
Equipo técnico e artístico
Actriz protagonista: Iria Pinheiro. Escrita: María Lado, Iria Pinheiro. Dramaturxia, dirección: Xron. Escenografía, atrezzo e iluminación: Suso Jalda. Vestiario: Iria pinheiro e Carmiña de Saladina. Espazo sonoro: Iria Pinheiro. Fotografía e cartel: Paula Pez. Comunicación: Xana García. Xefa de produción e asistencia de dirección: Patricia de Lorenzo. Unha produción que conta co apoio da Agadic-Xunta de Galicia, Concello de Teo e Concello de Moaña.
-
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(21:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
IES As Barxas MoañaLugar Barrio O Rosal, 2, 36959 Moaña(22:00h.)
IES As Barxas MoañaLugar Barrio O Rosal, 2, 36959 Moaña -
(21:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(21:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(21:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(20:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(20:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela -
(21:00h.)
Teatro Lauro OlmoRúa A Estación, 2. 32300 O Barco de Valdeorras. Ourense.(21:00h.)
Teatro Lauro OlmoRúa A Estación, 2. 32300 O Barco de Valdeorras. Ourense. -
(20:30h.)
Teatro Rosalía de CastroRúa Rego de Auga, 37, B. 15001 A Coruña(20:30h.)
Teatro Rosalía de CastroRúa Rego de Auga, 37, B. 15001 A Coruña -
(21:00h.)
Auditorio Municipal de VigoPraza do Rei 1 36202 Vigo(21:00h.)
Auditorio Municipal de VigoPraza do Rei 1 36202 Vigo -
(21:00h.)
Casa da Cultura de MilladoiroTravesía do Porto s/n. 15895 Milladoiro-Ames(21:00h.)
Casa da Cultura de MilladoiroTravesía do Porto s/n. 15895 Milladoiro-Ames -
(20:30h.)
Pazo da Cultura NarónRúa Holanda, s/n (Urb. Cidade Europa) - 15570 Naron(20:30h.)
Pazo da Cultura NarónRúa Holanda, s/n (Urb. Cidade Europa) - 15570 Naron -
(20:00h.)
Auditorio Municipal Hernán NavalPraza de España, 1. 27700 Ribadeo.(20:00h.)
Auditorio Municipal Hernán NavalPraza de España, 1. 27700 Ribadeo. -
(20:30h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(20:30h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela -
(20:30h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(20:30h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela -
(19:00h.)
Teatro Principal de ZamoraCalle de San Vicente s/n 49004 Zamora(19:00h.)
Teatro Principal de ZamoraCalle de San Vicente s/n 49004 Zamora -
(23:00h.)
Auditorio do Castelo MIT RibadaviaPraza Maior, 32400 Ribadavia(23:00h.)
Auditorio do Castelo MIT RibadaviaPraza Maior, 32400 Ribadavia -
(22:00h.)
Auditorio Municipal de CarballiñoAvenida do Balneario, 32500 O Carballiño, Ourense(22:00h.)
Auditorio Municipal de CarballiñoAvenida do Balneario, 32500 O Carballiño, Ourense -
(20:00h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid(20:00h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid -
(20:00h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid(20:00h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid -
(20:00h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid(20:00h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid -
(20:30h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid(20:30h.)
Teatro del Barrio, MadridRúa Zurita, 20, 28012 Madrid -
(21:30h.)
Sala Artika VigoAvenida de Beiramar, 135. 36208 Vigo(21:30h.)
Sala Artika VigoAvenida de Beiramar, 135. 36208 Vigo -
(21:30h.)
Sala Artika VigoAvenida de Beiramar, 135. 36208 Vigo(21:30h.)
Sala Artika VigoAvenida de Beiramar, 135. 36208 Vigo -
(20:00h.)
Sala Artika VigoAvenida de Beiramar, 135. 36208 Vigo(20:00h.)
Sala Artika VigoAvenida de Beiramar, 135. 36208 Vigo -
(19:30h.)
Auditorio Municipal de PadrónRúa Porta Fondo da Vila, 3 15900 Padrón -
(22:00h.)
Auditorio de Goián - TomiñoAv. Pío Troncoso, 90 Goián 36750 Tomiño(22:00h.)
Auditorio de Goián - TomiñoAv. Pío Troncoso, 90 Goián 36750 Tomiño -
(21:00h.)
Casa da Cultura-Salón García, Vilagarcía de ArousaRúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa(21:00h.)
Casa da Cultura-Salón García, Vilagarcía de ArousaRúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa -
(20:00h.)
Teatro Principal OurenseRúa da Paz, 9. 32005 Ourense.(20:00h.)
Teatro Principal OurenseRúa da Paz, 9. 32005 Ourense. -
(21:00h.)
Auditorio Municipal da GuardaA Guarda -
(21:00h.)
Auditorio Casa da Cultura VimianzoA Braña s/n, 15129 Vimianzo(21:00h.)
Auditorio Casa da Cultura VimianzoA Braña s/n, 15129 Vimianzo -
(20:00h.)
Casa da Cultura da Serra de OutesAv de San Campió, 1, 15230 Outes, A Coruña(20:00h.)
Casa da Cultura da Serra de OutesAv de San Campió, 1, 15230 Outes, A Coruña