Actuacións promocionais na reserva da biosfera dos Ancares
Durante o mes de xuño Chévere realizará unhas serie de animacións teatrais para promocionar o programa de emprendemento sostible na reserva da biosfera dos Ancares Lucenses.
As actuacións desenvolveranse nas feiras de Pedrafita (sábado 21) e Becerreá (3 xullo), a cargo de Rodesindo da Barrosa, o afiador de Pepe Penabade que exporá a súa ferretería ambulante como modelo de empresa sostible e respetuosa co medio ambiente.
E nas de Triacastela (sábado 28) e Navia (domingo 29), a cargo das Cándidas, ese trío de señoras viaxeiras interpretadas por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, que ofrecerán unhas sesións de aeróbic sostible para sintonizar o corpo e a mente coa reserva da biosfera.
Emprende na reserva da biosfera dos Ancares Lucenses
Se estás polo desenvolvemento sostible. Se estás polo desenvolvemento dos Ancares Lucenses. Se estás á procura dunha idea adaptada para esta zona. Se tes un proxecto na cabeza e queres poñelo a proba. Se tes unha empresa que xa funciona e queres mellorala. Isto vaiche interesar!
O II Campus de Empredemento Sostible ofréceche formación gratuíta e asesoramento técnico, económico, comercial ou medio ambiental para a súa posta en marcha en calquera dos concellos da reserva da biosfera dos Ancares Lucenses (Navia, Cervantes, Becerreá).
Información práctica
O Campus combina sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da provincia de Lugo. Servirá, polo tanto, de punto de encontro e interacción entre persoas con potencial emprendedor e persoas responsables de empresas sostibles na provincia de Lugo. As primeiras buscarán clarificar o seu futuro e as segundas tratarán de ser o espello no que reflectirse, un espello que recolle a imaxe de empresas economicamente rendibles, socialmente comprometidas e medioambientalmente respectuosas.
CAMPUS DE MOTIVACIÓN E XERACIÓN DE IDEAS
Dirixido a aquelas persoas que estean valorando a posibilidade de emprender de xeito sostible e queiran buscar ideas empresariais.
DATAS: días 7, 8, 9 e 10 de xullo
CAMPUS DE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL
Dirixido a aquelas persoas que xa teñan idea de negocio e queiran analizar a súa viabilidade.
DATAS: 8, 9, 10, 11 de setembro.
LUGAR: San Román, concello de Cervantes.
HORARIO: 16:00 a 20:00 horas.
Son en total 12 horas de formación máis as prácticas coas visitas a empresas.
INSCRICIÓNS: no teléfono 982 22 78 12 e no web www.deputacionlugo.org
-
(12:00h.)
Feira de PedrafitaPedrafita do Cebreiro 27670(12:00h.)
Feira de PedrafitaPedrafita do Cebreiro 27670 -
(12:00h.)
Feira de TriacastelaCampo da Feira 27630 Triacastela(12:00h.)
Feira de TriacastelaCampo da Feira 27630 Triacastela -
(12:15h.)
Feira de NaviaPraza da Vila 27650 Navia de Suarna - Lugo(12:15h.)
Feira de NaviaPraza da Vila 27650 Navia de Suarna - Lugo -
(11:00h.)
Feira de BecerreáRecinto Feiral, rúa Carlos III 27640 Becerreá(11:00h.)
Feira de BecerreáRecinto Feiral, rúa Carlos III 27640 Becerreá