![Actos de juventud](/scene/uploads/$eventos/imaxe/4bf422aa8ad9b5.49540428.jpg?options=resize%2C800%2C%2Ccenter%2Cmiddle)
Actos de juventud
http://www.myspace.com/transilvanians
Almu Janeiro (voz), Xabi Viéitez (piano hammond), Javier Soto (guitarra), Pedro Díaz (guitarra), Pablo Muliz (baixo), Antonio Rodríguez, Gdjazz (trompeta), Javi “Crossroad” (saxo tenor), Kino “Little Cobra” (batería)
A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais; Siniestro Total, Skacha, Dakidarria, Os Resentidos... etc. Devotos confesos da música tradicional xamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady, Reggae ou a Soul music, sen deixar de lado influencias R&B ou Surf. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a Serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Jimmy Cliff, Phyllis Dillon, Joya Landis ou Barbara Lynn... conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
Participaron coa súa canción KINGSTON TOWN / SANTIAGO DC, xunto a outras bandas galegas no A Polo Ghit, un concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros, para elixir a canción galega do verán. No ano 2006, entran nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no Nadal dese mesmo ano, baixo titulo homónimo, en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records. Despois da súa participación no disco tributo a Potato, e a súa exitosa xira do ano 2009, este 2010 voltan con mais forza e con novas cancións que rexistran en Studio Juan e que sairán editadas en dous traballos nos vindeiros meses; Un single en formato 7" editado por Liquidator Music chamado 'The Vault Of..' e o seu agardado primeiro LP/CD que se chamará 'Vampire Lover' editado por ZombieJ.
-
(20:02h.)
-
(20:02h.)