Feira da Terra de Francos (Teo)
A Asociación de Veciños A Carballeira organiza unha feira labrega na Carballeira de San Martiño, onde se ofrecerán verduras de tempada, plantas, sementes, queixos de distintas denominacións, carnes e embutidos das matanzas do inverno, e onde se xuntará unha representación de artesáns de oficios tradicionais (oleiras, cesteiras, torneiros....). Tamén se poderá curiosear nos postos de segunda man. E por suposto, está garantida a degustación de viños, polbo e carnes de poldro, tenreira e porco celta. Para animar a festa, disporase dun palco aberto e moita música.
Programa:
11h . Apertura da feira.
11,30h. Visita ao río cón Paco Bañobre (proxecto ríos).
12,30h. A contaminación dos ríos, cón Virxinia Rodriguez (plataforma en defensa do Sar).
13h. Os impactos da minería en Galiza, cón Fins Eirexas é Pedro Alonso.
Tarde: O MUNDO LABREGO
16,30h. Representante de "Lentura".
17h. Representante do "Mercado labrego dos Tilos".
17,30h. Miguel Mendez " Transxénicos".
18,30h. Sorteo de cestas.
19h. Peche da feira, cón algo de troula.
-
(11:00h.)
Carballeira de San Martiño Francos (Teo)Carballeira de San Martiño Francos-Calo 15866 Teo(11:00h.)
Carballeira de San Martiño Francos (Teo)Carballeira de San Martiño Francos-Calo 15866 Teo