Bravas fronte ao cambio climático
As Fillas Bravas únense á loita fronte ao cambio climático. O mércores 10 de abril ás 20.00h., estarán no Teatro Principal de Santiago para conducir e dinamizar a gala Bravas contra o cambio climático, na que tamén estarán presentes o contador Celso Sanmartín, un grupo de rapaces e rapazas do Centro Cívico de Conxo e Miguel Pardellas, do grupo de investigación en pedagoxía social e educación ambiental (SEPA) da USC, que organiza o acto.
Esta gala servirá para dar a coñecer ao público o programa Descarboniza, que non é pouco, que nos últimos dous anos vén promovendo unha concienciación cidadán arredor do cambio climático, acompañando a grupos de persoas da cidade que estean dispostas a descarbonizar os seus estilos de vida e reducir así as emisións de gases de efecto invernadoiro.
As entradas para a gala (máximo dúas por persoa) pódense recoller de balde a partir do 2 de abril na propia billeteira do Teatro Principal, de martes a sábado en horario de 18:00 a 21:00 horas.
-
(20:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(20:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela