Aquófono Micronecta: Sonata do soño
AQUÓFONO MICRONECTA
SONATA DO SOÑO
Sesión sonora relaxante
Hospedería Campus Stellae, Casa de Exercicios Espirituais.
R/ José María Suárez Núñez, 6, 15705 Santiago de Compostela (Campus Sur)
Outubro: venres 12 e sábado 13. Pases: 19h e 21h
Entrada: 5€. Reservas: casagaliciajapon@gmail.com
Datos necesarios: nome e apelido, data e hora da sesión que desexas asistir, nº de entradas.
As entradas recóllense na propia sala da Hospedería antes de cada concerto.
O aforo de cada pase está limitado a tinta persoas xa que o concerto se realiza para público deitado. Por este motivo, rogamos a cada persoa que traia a súa propia colchoneta, manta lixeira, coxín e todo aquilo que lle poida resultar útil para gozar da viaxe de forma confortable.
A versión Micronecta desenvolve o concepto de escultura sonora portátil do sistema Aquófono, un innovador instrumento musical nacido en Galicia. O seu funcionamento paradóxico baséase en auga e electricidade. A partir dun mínimo subministro de líquido, regulable por medio de oito pingueiros médicos, os impactos cíclicos das pingas serven de pulo para enviar sinais a diversos instrumentos electrónicos, que son quen de almacenar gran cantidade de mostras de son dixital e de modificalas en tempo real.
Desde a súa concepción, o Concerto do Soño desprazou a dimensión de medida musical a un novo sistema matemático, a outro orde rítmico diferente no que se desvelan as extraordinarias capacidades do Aquófono como instrumento autómata de percusión e como xerador sonoro de fantasías musicais únicas, efémeras e irrepetibles.
O Aquófono é unha creación concebida e desenvolvida polo dúo Parto.
-
(19:00h.)
Hospedería Campus StellaeR/ José María Suárez Núñez, 6, 15705 Santiago de Compostela(19:00h.)
Hospedería Campus StellaeR/ José María Suárez Núñez, 6, 15705 Santiago de Compostela -
(19:00h.)
Hospedería Campus StellaeR/ José María Suárez Núñez, 6, 15705 Santiago de Compostela(19:00h.)
Hospedería Campus StellaeR/ José María Suárez Núñez, 6, 15705 Santiago de Compostela