Ultranoiteo CON ultrabús
Despois do éxito acadado pola Ultranoite na súa recente incursión na Coruña, agora en novembro volve ao seu espazo natural no auditorio da Ramallosa (Teo) para confirmar as complicidades establecidas co seu público de sempre.
A Ultranoite transporta música ao vivo, humor irreverente, teatro feito a pé de rúa, onde a espontaneidade e a improvisación faise con alevosía e nocturnidade. Un cabaré distinto, actual, crítico, gamberro e incorrecto. Unha revista ao vivo para repasar a actualidade con toda a liberdade que ofrece un escenario. Unha actualidade que dá tema para dar e tomar.
Os temas
En Teo presentaremos os novos números estreados na Coruña, coas adpatacións e incorporacións que marque a actualidade, e algúns máis. En todo caso, non faltarán a esta cita Sánchez Gordillo e os seus cómplices galegos para contarnos como levar a cabo a expropiación do sobrante capitalista. Nin tampouco faltarán o electricista da catedral e o deán para poñer en escena unha zarzuela sobre os auténticos motivos do roubo do códice. Non pode faltar, mal que lle pese, o noso presidente favorito, don Mariano, que virá acompañado polos seus anxos, políticos de xénero indefinido como Espe, Ana ou Soraya. Non faltará tampouco Chavela Farjas. Nin a Década Prestigiosa, rescatada para lembrar os 10 anos da catástrofe do Prestige. E tamén contaremos coa presencia das Pussy Riots, ou alguén que se lle parece moito a estas rapazas rusas. E sobre todo non faltarán as alusións á suba do IVE, á segregación por sexos, á campaña electoral, á independencia de Cataluña, ao co-pago sanitario, ao rescate e ao que aínda poida pasar...
O equipo
Contaremos coa participación dos artistas habituais da Ultranoite: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Carlos Santiago, Pablo Trasno, Marcos Ptt Carballido; como convidados especiais Paula Carballeira e Chiqui Pereira e co acompañamento musical ao vivo da Ultrabanda, con Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián. Os vídeos son cousa de Cuco Pino. A técnica pasa polas mans de Fidel Vázquez e Andrés. A billeteira é responsabilidade de Inés. E o servizo de bar de Javier e a xente da Santa Sede. Fotografías: Nelson Corsino.
Ultrabús
Poñemos en marcha o servizo de buses da Ultranoite Camiño A-Teo. Para usar este servizo é imprescindible mercar a entrada por adiantado en internet coa opción Entrada+Ultrabús e mostrar o resgardo da entrada imprimido antes de subir ao autobús.
Saída Compostela: 22,05h. na parada de buses de Puente Castro-A Rosa
Traxecto e paradas: Pontepedriña, Os Tilos, Montouto (diante do Cheda2), Cacheiras, Ramallosa (chegada ás 22,30h.)
Volta: saída diante do auditorio da Ramallosa ás 02,00h. con chegada á praza de Puente Castro-A Rosa
Como chegar ao auditorio da Ramallosa
Desde Compostela. Para ir pola autovía Santiago-A Estrada debes coller primeiro a autovía Santiago-Ourense e 1 km. a primeira saída en dirección A Estrada. Unha vez na autovía Santiago-A Estrada segue ata o final e na última saída vas desembocar nunha rotonda. Colles á dereita a estrada en dirección a Santiago. Pasas unha segunda rotonda e 200m. despois xa estás na Ramallosa. Cando vexas a Casa do Concello tes que xirar á esquerda e detrás xa ves o edificio do Centro Sociocultural onde está o auditorio.
Desde Compostela. Para ir pola estrada de Santiago-Pontevea-A Estrada tes que ir ata a rotonda do Castiñeiriño e coller a estrada da dereita en dirección aos Tilos e A Estrada. Pasas Os Tilos, Montouto e uns 3 km. despois de Cacheiras, na mesma estrada, xa está a Ramallosa. Cando vexas a Casa do Concello tes que xirar á dereita e detrás xa ves o edificio do Centro Sociocultural onde está o auditorio.
Avituallamiento
Na contorna do auditorio, a menos de 50 m., hai tres bares onde poderedes tomar un café, un bocata, picar algo, mesmo comer unha pizza caseira.
-
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.