1 de 200 contra o Infanticidio Feminino en Salem (India)
Bourando e tocando dende 2002, Deseqilibrio Mental edita o seu primeiro traballo "Con Q sin U" (Lobicán Records), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son. O grupo parte do rock/ metal para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, realizando unha protesta e intentando chegar á xente coa súa música.
O seu traballo viuse recompensado ao longo destes anos tocando en festivais como o V Verea Rock, XIII Música na Noite ou resultando gañadores do 3º Certame Música Xove 2010. Actualmente Deseqilibrio están presentando en directo o seu novo traballo "Con Q sin U" ó longo de todo o territorio galego.
Kertuler comezou a súa andaina a partir das ilusión de cinco rapaces. Benky, o batería do grupo, foi o seu artífice. El coñeceu a Melero e a Marcos, baixista e guitarrista respectivamente, nun concerto dun grupo local; este achegamento entre eles lévalles a falar sobre os seus coñecementos musicais e as súas pretensións, e comezan a tocar simplemente por divertirse. Meses máis tarde decátanse de que lles gustaría facer algo máis serio e incorporan a Julio, que se convertiría en cantante do grupo. Así comezan a facer letras sobre a solidariedade co resto do mundo, o racismo, as inxustizas, a morte....
En setembro do ano 2000 fan o seu primeiro concerto, e partir desa data o grupo comeza a tocar por pubs, discotecas e salas de concertos. Meses máis tarde o grupo decátase de que precisa definir algo máis o seu estilo e contrata a outro guitarrista, Juanito. A partir dese momento o grupo queda completo e Kertuler experimenta un cambio radical, xa que pasa de facer rock duro ao metal que fai hoxe en día.
O seu primeiro traballo discográfico é un mini CD chamado El Despertar, que se publica en decembro de 2002, ao que lle seguirá Demo (2004).
No descanso do concerto, contaremos cun desfile de modelos de Don't Pray For Me, a marca de street wear nacida en Santiago.
-
(13:05h.)