Ultranoiteo sesión vermú
En xuño volve a Ultranoite ao auditorio da Ramallosa en Teo. Volve para facer escarnio da actualidade. E como estamos ás portas do verán, imos experimentar un novo formato: a Ultranoite en sesión vermú e con xantar incluído (opcional) o domingo, a ver que vos parece a idea.
Os temas
Nestes días o tema estrela segue sendo a economía, os recortes, a crise. Sobre todo a nacionalización de Bankia, a estampida de presidentes de bancos, o rescate de España e a banca española pola Unión Europea. E falando de Europa, menos mal que nos queda Eurovisión, con esas mulleres rusas poñendo un pouco de color. Por aquí por Galicia, e despois de fulminar a Conde Roa coa mirada, Feijóo quere todo o protagonismo para él: un día vaise coa petroleira mexicana Pemex para unhas fotos, outro día monta un late night show en Intereconomía rodeado de 12 mulleres "sen piedad". No mundo cultural todo volve ao seu sitio: Guede no CDG, a CdC no Gaiás e a RAG sen un peso. E no medio de todo este fregado, empeza a Eurocopa de seleccións para apaciguar ás masas.
O equipo
De todo isto tratará a Ultranoite, onde tamén haberá unha lembraza para algunhas voces que deixaron de soar como Donna Summer ou Robin Gibb. Farémolo co equipo habitual e con algúns reforzos, de momento xa está confirmada a participación de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Arantza Villar, Marcos Ptt Carballido, Pablo Reboleiro, Carlos Meixide, Tomás Lijó. Artista convidado: Carlos Blanco. E contaremos co acompañamento musical da Ultrabanda: Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. Os vídeos son cousa de Cuco Pino. A técnica pasa polas mans de Fidel Vázquez. A billeteira é responsabilidade de Inés. E o servizo de bar de Javier e a xente da Santa Sede.
A sesión vermú do domingo
Para prolongar a Ultranoite e ofrecer unha opción distinta a un público distinto, preguntáronnos por que non faciamos unha ultranoite o domingo antes do xantar, como as míticas sesións vermú da pachanga. Dito e feito. Imos probar e experimentar. Propoñemos unha Ultranoite o domingo antes do xantar, máis lixeira e relaxada (tamén máis curta, pero igual de divertida) para abrir o apetito de espectadores e espectadoras. Esta Ultranoite farase no mesmo auditorio da Ramallosa.
O prezo da entrada para a Ultranoite sesión vermú no auditorio da Ramallosa é de 8€ (sen o xantar posterior). Venda de entradas en redenasa.tv, na Santa Sede (A Ramallosa), A Senra (Pontevea) e A Capilla (Calo).
-
(13:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(13:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.