Volta e Dálle foi fundada a mediados do ano 2000 por Pepe Penabade. O principal obxectivo fundacional foi o de crear e distribuir espectáculos teatrais que tomasen como referente primordial a cultura galega no seu senso máis amplo, é dicir, entendendo como tal todas as manifestacións expresivas, artísticas, económicas ou políticas do pobo galego ao longo da súa historia.
Queres recibir por email a axenda de Voltaedalle? Poderás deixar de facelo en canto ti queiras.
O muro de Voltaedalle
Voltaedalle:
En Volta e Dalle estamos traballando nun novo espectáculo que estrearemos a finais de abril. Trátase de DURA-LEX, un monólogo satírico coa Xustiza, protagonizado por Pepe Penabade. O texto é de Carlos Santiago, quen tamén dirixe xunto a Comba Campoy. Para financiar a montaxe temos aberta unha campaña de micromecenado da que podedes ver máis información no blogue do espectáculo: http://voltaedalle.wordpress.com/2014/02/20/financiando-dura-lex/
Botádenos un cabo difundindo!