Pedro Brandariz
¿QUÉN É PEDRO BRANDARIZ?
Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré …
Este artista “polipatético” ten un amplo curriculum teatral. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en...
¿QUÉN É PEDRO BRANDARIZ?
Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré …
Este artista “polipatético” ten un amplo curriculum teatral. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro máis clásico, teatro infantil, etc. Tamén ten participado en espectáculos de cabaré e sobre todo como “conteiro” (monologuista por se non se entende). E esto non remata aquí pois tamén participou en varias curtas de cinema.
Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu …
En definitiva, un actor que bebe de fontes teatrais moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.
Na actualidade podemos velo polos garitos e teatriños da xeografía galega actuando como conteiro ou cos seus espectáculos persoais.
Os seus espectáculos en solitario máis coñecidos son:
- PGU
- Profundizando na Galiza Profunda
- Familia?, non grazas
- Pai Noso, Padre Nuestro
- Contos e outras andrómenas (espectáculo infantil)
Pero ademáis traballa nas seguntes compañías.
- Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown).
- Dous son Compañía (compañía de clown).
- Teatro do Astracán (compañía de teatro cómico)
- Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa)
- Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil)
- DINAMO Teatro (teatro de texto).
E tamén o foi de:
- Clowntacontos.
- Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros.
No eido audiovisual destaca a súa participación nos seguintes proxectos:
- Para mariñeiros nós (serie epidódica): actor de reparto
- "Radio-Taxi" (serie de humor): actor de reparto
- Buscando Estrelas (concurso humor): concursante (2º clasificado)
- Luar (programa de variedades): actuacións esporádicas
- Incomunicados (curta): actor principal
- Koruño, Legado de Hércules (falso documental): actor de reparto
- Pinzitas (curta): actor principal
E tamén fai radio:
- Sección "Os Cocos (Cómicos Coruñeses)" no programa Hoy por Hoy A Coruña, de RadioCoruña, Cadena Ser
PEDRO BRANDARIZ calidade
Pedro Brandariz é:
Información de contacto
619.345.100 --- pedrobrandariz@gmail.com