Carlos Santiago
Carlos Santiago desenvolve a súa actividade principalmente no campo das artes escénicas a cabalo entre Galiza e Portugal, tanto no teatro como na música, en calidade de dramaturgo, guionista, intérprete, director e letrista.
Cun libro de poesía publicado, Metalurxia (Edicións Positivas, 1996), e outras publicacións como Acantinado (Edicions do Trece-Danu 2008) ou Abraço de Ferro...
Carlos Santiago desenvolve a súa actividade principalmente no campo das artes escénicas a cabalo entre Galiza e Portugal, tanto no teatro como na música, en calidade de dramaturgo, guionista, intérprete, director e letrista.
Cun libro de poesía publicado, Metalurxia (Edicións Positivas, 1996), e outras publicacións como Acantinado (Edicions do Trece-Danu 2008) ou Abraço de Ferro (Através Ed. 2011), colabora habitualmente en prensa e revistas culturais e ten traballado como guionista en algúns programas de radio e televisión, así como en varias curtametraxes.
Foi membro da banda Nicho Varullo (1989-1996), da compañía de teatro Chévere e da Sala Nasa entre 1992 e 1997, e da Psicofónica (1998-2005), grupo de rock experimental.
Como dramaturgo e director asinou máis de quince pezas teatrais entre as que destacan Ascensão e Queda de Zé Grotewski (Lisboa 2001), Ratman & Bobyn (Santiago 2001), Abraço de Ferro (Tondela 2002), Sidecar (Santiago 2003) Mamã Lusitânia (Tondela 2004) ou Finlandia (Santiago 2008).
É autor de varios guións de curtametraxes, como A Dúas Velas (Galiza, 2005). Autor de populares monólogos satíricos, como os protagonizados polo Apóstolo Santiago, ou as súas performances poéticas Desacordos Ortográficos, Textículos ou Discurso sobre Isto, o seu traballo como escritor e artista está fortemente comprometido con apostas experimentais e cunha visión satírica da realidade. O xogo entre o real e o ficticio e o seu trasfondo político e filosófico é unha das características da súa poética.
Carlos Santiago é:
Información de contacto
graenlandia@gmail.com