BARBAZUL
Ópera interpretada por un clown e unha soprano. Entre os dous constrúen unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Bela Bálasz para unha ópera de Bartok no ano 1918.
Se ben a nivel de dramaturxia partimos dunha idea inicial, clásica e tradicional, a nivel estético tomouse a ópción de encontrar as liñas maestras no propio estudio...
Ópera interpretada por un clown e unha soprano. Entre os dous constrúen unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Bela Bálasz para unha ópera de Bartok no ano 1918.
Se ben a nivel de dramaturxia partimos dunha idea inicial, clásica e tradicional, a nivel estético tomouse a ópción de encontrar as liñas maestras no propio estudio de traballo. Foi a partir das improvisacións sobre as escenas e as propostas dos propios actores que apareceu o estilo que presentara a obra finalmente.
A “non estética”, o feismo casual producto da acumulación de obxectos inverosímeis, inútiles, a modo de lixo, o horror vacui, a presentación de imaxes de fantasía realizadas con elementos do día a día, pobres e a lembranza do “homeless” dominarán a escena.
Téntase crear un espacio inhóspito, tal como vería Judith o castelo de Barbazul, un lugar “frio e escuro” (como se repite unha e outra vez no libreto da opereta). A luz e o vestiario enfatizan estas ideas de frio e escuridade, mediante o uso de claroscuros expresionistas na iluminación, e roupa de abrigo voluminosa e incómoda no vestiario.
Toda a escenografía é creada con obxetos pequenos, lixo, alguns elementos de mobiliario e instrumentos musicais. Trátase de buscar un elemento monumental coma un castelo: constrúese unha maqueta do castelo a partir de pequenos obxetos.
Existen 7 portas a escala 1:10 cun mecanismo xiratorio que, combinado con diferentes obxetos, proxectan un cuadro de sombras xogando có aumento dos tamaños.
O obxectivo é plasmar con este dispositivo móvil de sombras a complexidade do simbolismo do conto de Barbazul, así como encontrar un climax dramático a través dun recurso habitual da escenografía ou o atrezo, o movemento dos obxectos por sí sós, a perda de control da escena por parte do actor para ser cedido ó inanimado; que o morto cobre vida, nunha obra na que a morte é motor, nudo, desencadenante e desenlace.