BARBAZUL
Ópera interpretada por un clown e unha soprano. Entre os dous constrúen unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Bela Bálasz para unha ópera de Bartok no ano 1918.
Se ben a nivel de dramaturxia partimos dunha idea inicial, clásica e tradicional, a nivel estético tomouse a ópción de encontrar as liñas maestras no propio estudio...
Ópera interpretada por un clown e unha soprano. Entre os dous constrúen unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Bela Bálasz para unha ópera de Bartok no ano 1918.
Se ben a nivel de dramaturxia partimos dunha idea inicial, clásica e tradicional, a nivel estético tomouse a ópción de encontrar as liñas maestras no propio estudio de traballo. Foi a partir das improvisacións sobre as escenas e as propostas dos propios actores que apareceu o estilo que presentara a obra finalmente.
A “non estética”, o feismo casual producto da acumulación de obxectos inverosímeis, inútiles, a modo de lixo, o horror vacui, a presentación de imaxes de fantasía realizadas con elementos do día a día, pobres e a lembranza do “homeless” dominarán a escena.
Téntase crear un espacio inhóspito, tal como vería Judith o castelo de Barbazul, un lugar “frio e escuro” (como se repite unha e outra vez no libreto da opereta). A luz e o vestiario enfatizan estas ideas de frio e escuridade, mediante o uso de claroscuros expresionistas na iluminación, e roupa de abrigo voluminosa e incómoda no vestiario.
BARBAZUL é:
Información de contacto
VIDEO PROMOCIONAL