Un proceso de creación aberto e participativo
En AP-2.0 experimentamos con prácticas de creación abertas e colaborativas. Apostamos por crear un equipo de traballo amplo no que participa voluntariamente un grupo de 24 adolescentes de entre 13 e 16 anos, xunto a un grupo de profesionais do teatro, do xornalismo e das redes sociais, o profesorado do IES A Cachada de Boiro e algúns pais e nais de alumnos. Entre todas e todos fómoslle dando forma a esta historia, creamos os personaxes, debatemos sobre os conflitos de fondo, escollemos localizacións, repartimos papeis, tarefas e responsabilidades. E fixemos público todo o proceso a través do blog amoresprohibidos.redenasa.tv, das redes sociais e da propia plataforma Redenasa.tv.