Como é a nosa adaptación?
AP-2.0 é unha versión de Romeo e Xulieta, o clásico sobre o amor, o odio e a reconciliación. Nós adaptamos a historia ao tempo e ao lugar no que vivimos: Xulieta e Romero son alumnos dun instituto dunha vila galega no ano 2012. E o enfrontamento entre Montescos e Capuletos servirá para achegarse ao conflito lingüístico creado en Galicia entre os que defenden e os que atacan o dereito a usar a lingua galega. A acción vai trascorrer ao longo de cinco días, que é a duración da historia orixinal de Shakespeare, pero nós ímolo contar todo en tempo real. Reducimos os personaxes aos seis principais para facilitar o seguemento a través das redes sociais e incorporamos a figura de Xespir como moderador, asumindo funcións de community manager.