Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Ana:
XIANA!!! PARABÉEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEÉNS PARA TIIIIIIIIIIIIIIIIIIII. ♪
Para comezar; dicir o que todo o mundo sabe, HOXE ESTÁS DE CUMPLE. Por unha parte estou moi feliz, xa que che queda menos para virte para Santiago e podermos quedar polas tardes como antes, pero por outra non, xa que non che poderei chamar ENANA, e mira que me justa.
E seguimos contando anos xuntas, van trece ou así, creo.
As pelexas polo chocolate cando víamos as pelis, baixar a rolos polas dunas de Corrubedo (dende aquí dou as grazas ao teu pai por levarnos), a bañarnos con toda a pandilla en Carragueiros.. .Non ten prezo.
Hoxe vémonos na festa polo idioma máis fermoso do planeta. :D
Con todo o meu cariño.BICOS.
QUÉROTE.
1 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar