Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
Como sería Romeo e Xulieta se os protagonistas fosen uns rapaces que viven en Boiro no 2012? Poderían vivir o seu amor co conflito lingüístico de fondo? É posible facer unha obra de teatro sen escenario, usando soamente a web e as redes sociais? Amores Prohibidos 2.0 tentou responder estas preguntas e poñer en escena un clásico actualizado ao soporte dixital. Aquí podes ver o que aconteceu na vida de Romero e Xiana do 23 ao 27 de abril, seguir as conversas e as interaccións cos personaxes. Saber máis.
-
Baldo:
Convocouse de urxensia unha asemblea da A.C. Arrobalisa para ver cales son as seguinte asións a emprender na nosa loita en defensa do galego (e do jallejo). Quedamos na Pousada en media hora... Isto tamén vai por Xiana, que non sei onde anda metida (nin con quen).
3 comentarios
Fai login ou rexístrate para poder comentar